
Proxecto MAGIC
A pesar da importancia ecolóxica e económica das Rías Baixas, existen moitas incógnitas sobre a variabilidade da produción primaria e a formación de proliferacións de microalgas nocivas. O proxecto MAGIC busca as respostas.
As hipóteses
Hipótese 4
A produtividade das rías a longo prazo depende de procesos rexionais océano-atmosfera que modulan a duración dos pulsos de afloramento.
Hipótese 4
As diferenzas entre rías na súa resposta ao vento e na duración dos pulsos de afloramento explican a variabilidade da produción primaria.
Hipótese 3
Unha menor turbulencia e unha maior estratificación favorecen a persistencia de capas de fitoplancto na Ría de Pontevedra.
Hipótese 4
A chegada máis rápida de poboacións desde a plataforma á Ría de Pontevedra favorece unha maior presenza de microalgas nocivas nesta ría.
Os obxectivos
1.
Describir as escalas de variabilidade temporal da clorofila-a entre as rías, a plataforma e o talude, e investigar a súa relación con variables meteorolóxicas e oceanográficas.
2.
Comparar o tempo de resposta da hidrodinámica ao forzamiento do vento e a duración dos pulsos de afloramento entre as rías.
3.
Comparar a produción de enerxía cinética turbulenta e a estratificación.
4.
Comparar a distribución vertical da clorofila-a.
5.
Comparar o intercambio de partículas entre a plataforma e o interior das rías.
6.
Identificar os principais desencadenamentos ambientais da formación de proliferacións de algas nocivas (PAN).

Imaxe da iniciativa Scientists meet Artists do Campus do Mar e CIM. Autor: Pablo Rosendo
A metodoloxía
Datos e observacións
Análise de series temporais procedentes de programas de vixilancia e teledetección, xunto con datos de campañas oceanográficas previas.
Análise avanzado
Aplicación de técnicas estatísticas e IA para o estudo da variabilidade espazo-temporal dos procesos físicos e biolóxicos.
Modelización numérica
Simulacións co modelo oceanográfico CROCO-PISCES para avaliar distintos escenarios ambientais e de forzamiento do vento.
Enfoque integrado
Combinación de observacións, análises e modelos para obter unha visión completa do sistema.

Imaxe da iniciativa Scientists meet Artists do Campus do Mar e CIM. Ilustradora: Laura Trova







